23/4/09

"Economía de mercado" en Onda Curta


Onda Curta, o programa de TVG especializado en curtametraxes, emitirá a nosa curta na medianoite do domingo 26 de abril ademais de entrevistas a Vicente de Souza, Alejandra Dans e Juan de Oliveira.

15/4/09

Selección para o "II Festival Galego de Curtas de Sada 2009"


A nosa curta foi seleccionada a concurso para o "II Festival Galego de Curtas de Sada 2009". A proxección será o día 23 de abril ás 20:00 na mesma sesión que ás curtas "Caracolas", "Z", "Don señor e o home do soño" e "Ionqui". O día 25 de abril ás 19.00 horas celebrarase -tamén na Casa da Cultura- a gala de clausura e a entrega de premios.

25/3/09

"Economía de mercado" en IMDB

A nosa curta xa ten espazo na base de datos sobre audiovisual máis importante da rede, Internet Movie Data Base.

6/3/09

Proxeccións en Santiago

Dentro do Ciclo de Cinema Galego do Teatro Principal, proxectarase "Economía de mercado" en Santiago de Compostela xunto coas curtametraxes: "Esta noite, velada", de Antón Caeiro; "Caracolas", de Miguel Caruncho e "Alternativa cero", de Plácido Baranda. Haberá dous pases: un, o luns 9 de marzo ás 22:15, e o outro, o xoves 12 de marzo ás 20:15.

22/2/09

Éxito da estrea


Quedamos moi contentos coa estrea en termos xerais. Houbo unha razoable cobertura nos medios e veu bastante xente. A proxección foi razoablemente boa. E pasámolo todos bastante ben. Graciñas a todos. Agora toca intensificar a fase de envíos a festivais.


31/1/09

Estrea "Economía de mercado"

Xa temos data para estrea da curta: vernes 20 de febreiro de 2009 na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande 21- 24, A Coruña) ás 20:30. A proxección será en HD grazas á tecnoloxía aportada pola distribuidora Mr Misto Films. Así que poderemos desfrutar de cada unha das 720 liñas horizontais que tanto traballo nos costaron. Entrada libre.

10/12/08

27/11/08

Novas sobre a postprodución

A edición da curta está a progresar axeitadamente. Temos unha premontaxe sobre a que estamos traballando e á que lle engadiremos a fantástica música aportada por Alberto Conde Trío. Que todo encaixe xa é unha boa nova, pero é que ademáis as sensacións que nos transmite a curta nesta fase son moi boas. Así que... parabéns para todos.

21/11/08

Trailer


Economia de Mercado Trailer from Economia de Mercado on Vimeo.

É posible velo en HD no enlace directo de Vimeo ou na parte dereita superior seleccionando HD on.

12/11/08

Fin da gravación

A verdade é que tardamos varios días en recuperarnos física e psicolóxicamente. Foi moito o cansanzo acumulado durante días moi intensos. O resultado aínda é cedo para valoralo pero semella moi por enriba das mellores expectativas. Pensamos que se acadaron os obxectivos perseguidos sobradamente.

Aínda así hai que ser autocríticos e valorar os erros para poder mellorar en futuras ocasións.

A sensación xeral que nos invade é de que se fixo un traballo extraordinario no equipo técnico e artístico, en circunstancias duras e de moita esixencia e cun plan de traballo para superhomes e supermulleres. Pero fixémolo.

Parabéns e moitísimas grazas por todo.






Antercar.... que gran empresa!